Xa está á venda o segundo volume da saga Os Fillos da Terra por 6,00 euros. Ademais, pódese adquirir xunto co primeiro volume, O clan do oso das cavernas por só 11,00 euros os dous libros.

No Val dos cabalos, despois da súa expulsión do Clan do Oso das Cavernas, Ayla decide ir na busca dos que son coma ela, as xentes do Cro-Magnon, e comeza unha viaxe chea de perigos e aventuras ata que atopa unha cova onde vivir. Grazas á súa mente inquieta e mais ao seu aguzado instinto de supervivencia, fará descubertas impensables para ela, como domesticar animais e prender lume con pedras. Pesan sobre Ayla a soidade e a lembranza constante do seu fillo que tivo que deixar atrás. Pero o destino de Ayla é atopar os Outros.